domingo, 17 de maio de 2020

Traballando dende o confinamento con 5º e 6º


EXPERIMENTANDO COA FOTOGRAFÍA

O venres pasado na proposta de plástica con 5º e 6º avanzamos un pouquiño máis na fotografía, aprendendo composición, a cor, as regras para sacar unha boa foto, a luz, o momento, a mensaxe, o retoque e unha aplicación interesante para edición e retoques.

A proposta cooperativa era de facer un vídeo coas fotografías que sacase cada un/ unha experimentando o aprendido.
Con todas as propostas chegadas aquí tedes o noso vídeo. Parabéns a estes fotógrafos e fotógrafas de 5º e 6º que o fixeron xenial.

1ª FOTOGRAFÍA-SAÚDE
2ª FOTOGRAFÍA-TECNOLOXÍA 
3ª FOTOGRAFÍA-CONXELADO    
4º FOTOGRAFÍA-UNA HISTORIA BONITA 


PLÁSTICA- QUEDA NA CASA!


O seguinte é un vídeo elaborado coa proposta da materia de plástica cos grupos de 5º e 6º. 

Mirade que cousiñas máis chuliñas fixeron! A mensaxe estaba moi clara, non si?






Ningún comentario:

Publicar un comentario